Especialidade dirixida a persoas que teñan unha pérdida de visión irreversible.
Avaliaremos as necesidades ou obxectivos dos nosos pacientes e procederemos á prescripción das axudas visuais correspondentes, complementándoas con sesións de rehabilitación visual, para unha utlización eficaz das axudas.
Obxectivos
- Axudar a utilizar o resto visual.
- Favorecer un funcionamento visual máximo segundo as posibilidades de cada paciente.
- Fomentar a súa independencia.
