As lentes de contacto son unha das mellores opcións para a compensación da graduación, dende bebés ata adultos xa que aportan comodidade, maior amplitude do campo visual, non limitan os movementos oculares e polo tanto favorecen un mellor densenvolvemento visual.
Estes son algúns dos tipos de lentes de contacto que podemos ofrecer:
Lentes de contacto brandas
Deseñadas a medida para aqueles pacientes con dificultades de adaptación ás lentes de contacto, tanto a nivel de confort como de calidade visual.
• Lentes de contacto RPG e esclerais
Específicas para patoloxías como ectasias corneais, queratocono ou post ciruxía.
O r to k
Lentes de xeometría inversa que modifican a curvatura corneal mentres o paciente durme, para poder compensar o defecto refractivo polo día, puidendo así prescindir do uso de gafas e lentes de contacto durante o día.
• Control de miopía
Lentes de contacto que permiten ralentizar a subida de dioptrías en pacientes miopes.