A osteopatía é un método global de diagnóstico e tratamento manual cuxo principal obxectivo é encontrar e tratar aquelas disfuncións, articulares, tisulares, viscerais ou craneais para restablecer o equilibrio do corpo humano. Define a enfermidade como unha alteración na estrutura en diferentes partes do corpo (ósos, fascias, vísceras, glándulas…).
Mediante este método axudamos á capacidade de autocuración do corpo humano, liberando de obstáculos estruturas nerviosas, linfáticas e vasculares.
Tendo en conta a estrutura tratada existen diferentes técnicas osteopáticas:
- OSTEOPATÍA ESTRUTURAL: dirixidas a estruturas articulares, musculares, ligamentosas… para correxir subluxacións encontradas. Como exemplos de patoloxías que se ven beneficiadas por estas técnicas:
- Lumbalxias, cervicalxias e dorsalxias
- Ciáticas
- Hernias discais.
- Artrose
- Esguinces
- Problemas meniscais
- Tendinite
- Escoliose
- Pubalxias
- Problemas de mandíbula
- OSTEOPATÍA VISCERAL: actuamos nas vísceras mellorando a súa funcionalidade, e axudando a mellorar diversos síntomas ocasionados por unha patoloxía:
- Dixestiva: dixestión lenta, hernia de hiato, ptose de estómago, estreñemento, colite…
- Pulmonar
- Cardiovascular
- Xinecolóxica: disminorrea, amenorrea, prolapso...
- OSTEOPATÍA CRANEAL: enfocada a mellorar a movilidade e elasticidade dos ósos e suturas de cráneo.
- Problemas de mandíbula (A.T.M.): bruxismo
- Cefaleas
- Migrañas
- Sinusite
- Otite
- Neuralxias
Debido á relación existente entre tódalas estruturas do organismo, cando realizamos un diagnóstico osteopático dos síntomas que refire o paciente e plantexamos un tratamento, actuamos en diferentes estruturas (articulacións, vísceras, cráneo, sistema linfático e vascular…). Por exemplo unha dor lumbar a grandes rasgos pode ser ocasionada por unha alteración articular, discal, muscular, problema xinecolóxico, estreñemento… O noso principal obxectivo é descubrir a verdadeira causa dos síntomas, aínda que normalmente se trata dunha etioloxía multicausal.