A Clínica

TEMOS AMPLAS E CONFORTABLES INSTALACIÓNS

Clínica Queitano dispón dunhas amplas e confortables instalacións, pensadas para que os nosos pacientes se sintan a gusto.

As súas cabinas de grandes dimensións foron deseñadas para facilitar o traballo do noso equipo tanto na aplicación das técnicas de terapia manual como de electroterapia.

O seu completo ximnasio está equipado con todo o necesario para conseguir unha óptima recuperación e ofrecer, así mesmo, un espazo polivalente orientado a diversos servizos da clínica.

Tamén dispoñemos dun gabinete optométrico equipado coa última tecnoloxía, para realizar unha avaliación visual completa:

  • TOPÓGRAFO: Con el estudiaremos a curvatura e o diámetro corneal punto por punto, para poder deseñar lentes de contacto a medida, así como evaluar a evolución a nivel optométrico de patoloxías como ectasias, queratoconos o pelúcidas. Faremos ademáis un estudo do diámetro pupilar e do funcionamento da pupila nas diferentes condicións de iluminación, evaluando como inflúe na calidade visual e nos deslumbramentos. Por último este equipo permítenos realizar un estudo completo da lágrima e das glándulas de meibomio, e así unha evaluación da sequedade ocular.
  • BIOMICROSCOPIO: Dispoñemos da última tecnoloxía para poder fotografiar e gravar en vídeo as diferentes estructuras oculares do polo anterior, puidendo así comparar a evolución no tempo
  • TONÓMETRO: Medida da tensión ocular, un dos factores influintes na evolución do glaucoma.