EPTE

EPTE (Electrolisis Percutánea Terapéutica) é unha técnica de fisioterapia empregada para o tratamento de tendinosis ou tendinitis crónicas e para roturas fibrilares, a través da electrolisis percutánea.

A electolisis percutánea consiste na aplicación de corrente galvánica a través dunha agulla de acupuntura no foco da lesión de tecido afectado. Esto produce unha destrucción de tecido fibrótico, degradando o tendón para favorecer posteriormente unha resposta inflamatoria axeitada para a súa rexeneración, favorecendo así o proceso de curación. EPTE fai que o tecido dexenerado sexa destruido sin que as células normais se vexan afectadas, xa que presentan unha resistencia moito maior ó paso da corrente. As correntes de baixa intensidade apenas producen un leve formigueo ó paciente.

En FISIOTERAPIA QUEITANO aplicamos esta técnica de forma ecoguiada (con ecógrafo) para traballar con precisión na zona afectada.

Para que este tipo de tratamento sexa eficaz é fundamental o papel activo do paciente, que deberá realizar una serie de exercicios pautados polo fisioterapeuta.

//clinicaqueitano.com/wp-content/uploads/2019/10/epte.jpg