Cadeas musculares e articulares. Método G.D.S.

A FUNCIÓN DETERMINA A FORMA

O método de cadeas musculares e articulares G.D.S. é un método global de cinesiterapia de prevención e tratamento de lesións basado na observación exhaustiva da postura do individuo, relacionándoo coa personalidade e comportamento do mesmo.

A postura de cada individuo vén condicionada primeiro pola xenética (potencial de base) e despois pola nosa educación e vivencias (o adquirido). Este método define diferentes tipos de posturas en función da cadea muscular dominante, pero non existe ningunha postura ideal, o máis importante é que a nosa postura sexa adaptable ás necesidades da vida.

Neste método realízase unha observación visual do paciente para definir aquelas cadeas musculares que están con exceso de tensión, para despois aplicar un tratamento exclusivamente  manual adaptando o tipo de técnica á personalidade do paciente para equilibrar as tensións. Por último, tratamos de reprogramar a función con exercicios para reeducar o xesto xusto e así evitar a recaída.

//clinicaqueitano.com/wp-content/uploads/2017/02/Anatomia-3.png