Terapia Visual

Obxetivo ter o máximo rendemento visual

É a especialidade optomètrica que ten como obxectivo acadar un rendemento visual 100 % efectivo, mediante diferentes procedementos deseñados de maneira individualizada para cada paciente e avalados científicamente. Establécense así novas conexións ou novos esquemas neuronais, que permiten ao paciente recibir, procesar e comprender mellor a información visual que recibe constantemente da contorna, e así facilitar a aprendizaxe na escola ou rendemento no traballo.

¿Que síntomas e patoloxías se tratan con terapia visual?

  • Fatiga ocular.
  • Ollos vermellos.
  • Dores de cabeza.
  • Fotofobia.
  • Malas posturas corporais.
  • Problemas para cambiar a visión de cerca a lonxe cando se fai unha tarefa de maneira prolongada.
  • Dificultade no cálculo de distancias.
  • Visión borrosa ou dobre.
  • Ambliopía (ollo vago).
  • Estrabismo.
  • Dificultades para seguir un obxecto en movemento.
  • Achegarse moito ó papel cando se le ou escribe.
  • Movementos asociados de cabeza ao leer ou escribir.
  • Acompañar a lectura co dedo ou movemento de beizos.
  • Confundir, inverter, saltar letras ou palabras.
  • Mala compresión lectora.
  • Dano celebral con alteración visual.
  • Problemas de desenvolvemento visual en síndromes cromosómicos, autismo, TGD e outras alteracións do desenvolvemento.

Todo isto pode afectar ao adulto dificultando a súa vida laboral e persoal, e aos nenos na escola e a nivel psicomotriz e deportivo...

//clinicaqueitano.com/wp-content/uploads/2021/05/terapia-visual-2-Copy-1.jpg