Exame Visual Completo

É tan importante ver ben como o procesamento da información visual que recibimos.

Avaliación exhaustiva do sistema visual, co obxectivo de acadar o máximo rendemento visual.

Nas avaliacións optométricas estudamos as dificultades visuais dende o densenvolvemento e o comportamento, facendo unha valoración global e analizando como está a utilizar cada individuo o seu sistema visual. Elaboraremos, se fose preciso, un plan de traballo personalizado co obxectivo de mellorar o rendemento e a efectividade do sistema visual do paciente.

Facemos avaliacións optométricas completas dende os 6 meses de idade, avaliando de maneira específica todas as áreas da función visual.

Existen dous tipos de exames optométricos dentro de una valoración visual completa:

 
Exame funcional

  • Agudeza visual.
  • Refracción.
  • Motilidade ocular.
  • Binocularidade.
  • Acomodación.
  • Test de cor.
  • Estereopsis.
  • Sensibilidade ao contraste.
  • Integridade das estructuras oculares. (topografía, exame fotográfico de polo anterior e retinografía, tensión ocular).

 
Exame perceptivo visual

Avaliación das habilidades cognitivas visuais necesarias para extraer e organizar a información visual recibida da contorna, así como o xeito de integrala con outras modalidades sensoriais e funcións cognitivas superiores.

1. Habilidades visuo-espaciais. Gracias a elas desenvólvense os conceptos espaciais tanto internos como externos, que permititen facer xuizos espaciais:

  • Integración bilateral.
  • Lateralidade.
  • Direccionalidade.

2. Análise visual. Capacidade para analizar e discriminar visualmente a información recibida:

  • Discriminación visual.
  • Memoria visual.
  • Relacións visuoespaciais.
  • Constancia de formas.
  • Memoria visuosecuencial.
  • Figura fondo.
  • Peche visual.

3. Integración visuomotora. Avaliase como o sistema visual se comunica e relaciona coa información motora:

O 70 % da información sensorial que chega ao cerebro faino a través da vía visual, por iso todas as habilidades, tanto a nivel funcional como perceptivo, influirán na apredizaxe e nas actividades que realizamos diariamente.

Facer unha avaliación completa e exhaustiva da vía visual permitiranos elaborar un protocolo optométrico individualizado para os nosos pacientes e derivar correctamente a oftalmoloxía ou a outros profesionais sanitarios ( fisioterapeutas, osteópatas, podólogos, odontólogos…) se fose necesario para o correcto tratamento da doenza.

//clinicaqueitano.com/wp-content/uploads/2021/05/evaluacion-Copy-2.jpg