Sendo fieis á nosa filosofía de ver ao ser humano de forma global, onde todas as súas partes están relacionadas entre sí, incluimos dentro da nosa metodoloxía unha gran ferramenta diagnóstica que se coñece como kinesioloxía aplicada.
É un método predominantemente diagnóstico que emprega tests de forza sobre músculos, permitíndonos observar e valorar as súas reaccións frente a estímulos diagnósticos e terapéuticos. Desta maneira podemos comprobar o estado de diferentes estruturas corporais de todo tipo (órganos, vísceras, articulacións…).
Trátase, en definitiva, dunha ferramenta máis para conseguir o noso obxectivo primordial: coñecer a causa principal da sintomatoloxía que presenta o paciente e solucionala.