A filosofía orixinal do método Pilates xira en torno a tres grandes aspectos:
- Corpo saudable no seu conxunto.
- Compromiso cun mesmo para acadar o benestar e manter a saúde.
- A respiración.
A longo dos anos este sistema de exercicios desenvolve de forma máis exhaustiva estes aspectos, describindo os seis grandes principios do método:
- Centro de enerxía: o centro de gravidade do noso corpo permítenos manter o equilibrio. Trátase da faixa abdominal, e específicamente a metade inferior, infraumbilical, incluíndo os laterais e a parede abdominal posterior. É importante conseguir un bo fortalecemento desta rexión.
- Concentración: o Pilates require unha gran atención e concentración na realización dos exercicios.
- Control: os movementos deben ser realizados de forma lenta e controlada.
- Precisión: a calidade do movemento prima por encima da cantidade.
- Respiración: este método incide moito neste aspecto. De feito define a exhalación completa como un mecanismo de limpeza dos texidos e das impurezas.
- Fluidez - disociación: é importante unha boa estabilización do centro de gravidade para que as extremidades poidan realizar os movementos de forma fluida.
Os beneficios deste método son perfectamente perceptibles cando se realizan correctamente e con asiduidade: fortalecemento, flexibilidade, coordinación, postura correcta, rexuvenecemento mental e espiritual, autoconciencia e autoconfianza.
